30 de maio de 2013

Cangas: Palco da música e adro da Igrexa


E chegou o fin de etapas polas parroquias: Duas grandes actuacións de se achegar á xente: no palco da música coa BIG BAND e remate no adro da Igrexia. As cordas tocaron arrebato e facendo grande grupo fixeronse oir ao aire libre sustentando un impecable Canon e Giga en Re mayor de Johann Pachelbel. Seguironlle o vento metal e rematou a percusión mexturada coa gaita.


Ao remate, e xa cando este se miraba chegar, podiase ver nas caras dos protagonistas, unha expersón que lembraba moito a dos corredores de triatlón cando estan chegando a meta: a de satisfacción por ter completado a dura proba, con esforzo pero coa recompensa de teren estado á altura do esperado. Mais ala de posto acadado. Mais alo de querdaren sen forzas. A meta sorpasase con alivio e ledicia. Os sorrisos iluminan o rostro dos participantes e este extendese ao publico sabedor e admirador de tamaña proeza. Iso poidemos ver en Cangas, e esperaremolo ver de novo no remate final, xa xogando en casa, co Concerto que pechará o dia 31 este conxunto de actos cos que celebramos estarmos ahí 25 anos mais tarde 






Ningún comentario:

Publicar un comentario