24 de maio de 2013

O HIO

E foi un dia de NORDÉS

     Mais o vento non poido coa forza da música

Venteou todo canto quixo e máis, e co solpor caendo paseniñamente achegouse o peletre, 
metido na viruxe. 
Houboos previsores e foron abrigados, outros espabilados buscaban protección en valados e paredes, e os mais cativos acostumados a andares polo chan atoparon no quente da pedra caloriño abondo para as frías pernas. E todos eles puxeron por riba á MUSICA e ninguen se moveu ata rematado un explendido concerto que chegou a emocionar. A marco acostúmase a decir que é incomparable pero neste caso podese asegurar que foi o marco o que saiu gañando coas pinceladas de notas que ali poidemos escoitar.
Foi a terceira xornada da celebración nas parroquias e xa podemos decir que estamos ante unha grande idea e unha grande empresa para unha consolidante celebración.
Hai un ano cantabamos polas ruas de Cangas, en masivas e festeiras manifestacións, para defender a pervivencia deste glorioso centro de ensino musical que é a escola de música Mestre Inocentes Caamaño e o  Conservatorio.
Hoxe celebramos que seguimos aquí e que esto ten historia e futuro, e que é de todos e a todos se achega.
Pagou a pena o esforzo e segue  sendo necesario continuar no empeño. Mestres e alumnos e persoal da Escola nolo están a amosar en sobremaneira.
As xentes do morrazo ao seu lado haberemos de estar. Onte, hoxe e sempre.






1 comentario:

  1. Precioso, é moi emotiva a reseña. Noraboa á Anpa e aos pais que estades facendo unha gran labor.

    ResponderEliminar