Na derradeira asamblea da ANPA do Conservatorio e Escola de Musica púsoxe fin a unha longa traxectoria de Xaquín Camaño como Presidente da ANPA. O remate da asamblea foi unha ovación pechada dos asistentes que pretendue trasmitir o recoñecemento e agradecemento dos alí presentes á intensa laboura desenvolvida nestes anos.
Xaquín foi quen de dinamizar aos pais e nais, e ademais de xestionar a Anpa en momentos de "calma" nos que conseguir animar á xente non resulta doado, tivo a enerxía e forza necesaria para liderar un movemento amplio para a defensa do ensino da música no Morrazo.
A súa figura encabezou a masiva movilización que soubo parar a desfeita que se nos viña enriba cos recortes programados á sombra da crise, que desembocarían na desaparición ou a merma importante do ensino musical na nosa bisbarra.
Dirixeu asambleas, falou con directivos, con politicos e mesmo tocou nas marchas reinvindicativas que encheron Cangas de berros e música.
Por último capitaneou a nave cara a confluencia, nunha única asociación, das nais e pais de escola e conservatorio.
Chegado a bo porto, deulle fin á singladura na condición de Presidente, mais non abandona o barco e seguirá conosco dende o cargo de vogal.
Grazas Xaquín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario