28 de abr. de 2013

Bibilioteca Audiovisual do Conservatorio e Escola de Música

O ANPA vai por en marcha un proxecto de creación dunha Biblioteca Audiovisual que recopile, arquive e poña a disposición da comunidade escolar, fotos, videos e grabacións das actividades que se fan no noso Centro.

A idea e crear tres espazos onde desenvolver o proxecto:


  • Unha biblioteca electrónica con sede na Conservatorio na que, nun equipo informático e con almacenaxe en disco duro,  se arquivarían as fotos, vídeos, e grabacións de audio. A ela poderían acceder todos os membros da nosa comunidade educativa. 
  • Un espazo na rede, no que divulgar o mais sobranceiro do arquivo audiovisual facendonos accesibles ás persoas interesadas na formación musical e ao conxunto da comunidade na que se desenvolve o traballo do conservatorio e escola de música.
  • Un espazo concreto en momentos puntuais: exposicións fotográficas, proxeccións de filmacións e montaxes audivisuais, apoio audiovisual nos concertos...
Como podedes ver a idea é ambiciosa e queda todo por facer. Compre crear grupos que se encarguen de cada espazo e evento, responsables dos arquivos, filmadores, fotógrafos...
E para ir comenzando a andar animamosvos a que valoredes a idea.  Se vos parece interesante e vos vedes con forzas a gañas de participar poñedevos en contacto con nos  na nosa dirección de correo electrónico:  musicamorrazo@gmail.com

1 comentario:

  1. Quero comezar os meus comentarios por este espazo aberto cun fragmento dunha poesía que me gusta moito e desexo compartir con todos.

    No te rindas por favor no cedas,
    aunque el frio queme,
    aunque el miedo muerda,
    aunque el sol se ponga y se calle el viento,
    aun hay fuego en tu alma,
    aun hay vida en tus sueños,
    porque cada dia es un comienzo,
    porque esta es la hora y el mejor momento.

    Mario Benedetti.

    ResponderEliminar