BANCO instrumentos

 COMPARTE O INSTRUMENTO MUSICAL QUE NON USAS.
                FAREMOS UN BANCO DE INSTRUMENTOS.
    NINGUEN SIN EDUCACIÓN MUSICAL POR FALTA DE INSTRUMENTO.

Dirixímonos a todos vós para trasladarvos a idea de acometer un proxecto que consideramos interesante e que levamos dando voltas dende o ano pasado. Agora chega o momento de intentar darlle forma e fondo para que, no seguinte curso, empece a funcionar. Trátase do "Banco de instrumentos".
Este interese nace por circunstancias de moi diversa natureza que afectan directamente os alumnos do noso centro. Por un lado, a dificultade económica que algunhas familias puidesen ter á hora de adquirir os instrumentos necesarios, que non son baratos, para o comezo da formación; por outro, os problemas que, en moitas ocasións, algúns alumnos atopan á hora de decidir, no seu desexo de estudar música, que tipo de instrumento podería encaixar mellor cos seus gustos ou capacidades e evitar, na medida do posible, un gasto innecesario; tamén puidese darse o caso de substitución transitoria, ante o arranxo dalgún instrumento. En definitiva, estás e outras situacións que puidesen formularse nun futuro para intentar darlle unha saída.
Somos conscientes da dificultade da tarefa, da responsabilidade derivada, pero queremos apostar por iso, porque o vemos viable. Pero para levar a bo porto este labor, non só fai falta confeccionar unhas bases, normas e requirimentos axeitados, que niso a experiencia nos irá adoutrinando, senón que dispoñamos do fundamental: INSTRUMENTOS. Neste sentido queremos implicar a todos os membros da nosa asociación e testar a disposición de prestar, ceder ou doar os instrumentos que se poidan ter e non se utilicen, dos que se ofrecen no catálogo do conservatorio e a escola, e que o fagades extensivo aos vosos ámbinos máis próximos, porque sería moi importante poder contar con esta colaboración ao longo do proxecto, e sobre todo ao principio.
Para iso abonda que contestedes este correo a bancoinstrumentos@gmail.com coa vosa resposta, opinión ou decisión sobre esta continxencia, da que dependerá, en boa medida, o futuro deste programa.

Grazas de antemán e saúdos cordiais.
PINCHADE na imaxe para acceder as bases

Ningún comentario:

Publicar un comentario