28 de abr. de 2013

Bibilioteca Audiovisual do Conservatorio e Escola de Música

O ANPA vai por en marcha un proxecto de creación dunha Biblioteca Audiovisual que recopile, arquive e poña a disposición da comunidade escolar, fotos, videos e grabacións das actividades que se fan no noso Centro.

A idea e crear tres espazos onde desenvolver o proxecto:


  • Unha biblioteca electrónica con sede na Conservatorio na que, nun equipo informático e con almacenaxe en disco duro,  se arquivarían as fotos, vídeos, e grabacións de audio. A ela poderían acceder todos os membros da nosa comunidade educativa. 
  • Un espazo na rede, no que divulgar o mais sobranceiro do arquivo audiovisual facendonos accesibles ás persoas interesadas na formación musical e ao conxunto da comunidade na que se desenvolve o traballo do conservatorio e escola de música.
  • Un espazo concreto en momentos puntuais: exposicións fotográficas, proxeccións de filmacións e montaxes audivisuais, apoio audiovisual nos concertos...
Como podedes ver a idea é ambiciosa e queda todo por facer. Compre crear grupos que se encarguen de cada espazo e evento, responsables dos arquivos, filmadores, fotógrafos...
E para ir comenzando a andar animamosvos a que valoredes a idea.  Se vos parece interesante e vos vedes con forzas a gañas de participar poñedevos en contacto con nos  na nosa dirección de correo electrónico:  musicamorrazo@gmail.com

ueves, 25 de abril de 2013

A ANPA do Conservatorio de Cangas cambia os estatutos para acoller tamén aos Pais e Nais da Escola de Musica


Xa temos
novos ESTATUTOS APROBADOS E Legalizados


Despois da asamblea na que se acordou cambiar os estatutos da ANPA do conservatorio para dar acollida ás nais e pais de Escola de Música Mestre Inocentes Caamaño, e rematadas as xestións ante as autoridades, podemos comunicar que temos unha nova ANPA amparada nun novos estatutos. 

No preambulo dos estatutos queda recollida a necesidade deste importante cambio 

ESTATUTOS DA ANPA DO CONSERVATORIO DE MÚSICA PROFESIONAL DE CANGAS E DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA “MESTRE INCOCENTES CAAMAÑO”
PREAMBULO
A formación académica musical regulada que se proporciona no ámbito particular do Concello de Cangas e con carácter máis xeral no conxunto de Concellos do Morrazo, presenta unha serie de particularidades que fan preciso adecuar o ámbito de actuación das asociacións de nais e pais implicadas. Ditas particularidades veñen determinadas pola intima e indivisible relación entre o Conservatorio de Música Profesional de Cangas e a Escola Municipal de Música “Mestre Inocentes Caamaño”, xa que ambas as dúas comparten profesorado, locais, material