22 de nov. de 2013

Cea de Nadal

Coma tòdolos anos, despois de rematado o concerto de Nadal, os mais grandiños: nais, pais, alumnos maiores e persoal da escola iremos de cea. Mais para podervos asistir a tan grandioso e festivo evento haberedesvos apuntar na Escola, ó mais tardar, a mediados da semán que entra. Faise necesario facelo axiña para poder reservar no mellor dos sitios, xa que é o que merecemos.
Veña, animadevos.

20 de nov. de 2013

Audición Multidepartamental. Martes 26 as 19.00


COTAS ANPA

Na directiva do anpa tivemos coñecemento de que a algún socio cobraronlle unha comisión ao facer o ingreso. Esta inaceptable conducta por parte da entidade bancaria levounos a termos unha entrevista co director de NCG ao fin de solventar este problema. Como resultado da reunión  o noso  presidente remite o seguinte comunicado:



Se algún dos socios do Anpa ao ingresar a cota anual, e na entidade onde o fixeron (NCG) cobráronlle recarga, temos o compromiso do director da sucursal onde temos a conta, Avda.Eugenio Sequeiros, 13 (Praza de abastos), de que comparezan co xustificante de ingreso e cargo para reintegrarlles a devandita recarga.
Prégovos, se coñecedes alguén que poida estar nesta situación e que non lle chegue a nosa comunicación, fagádesllo saber.
En calquera caso colgarei no taboleiro un aviso.


Saúdos.

19 de nov. de 2013

Xoves 21: Non vos esquezades






Jose Ramón envíanos unha carta aberta animandonos a participar nesta excepcional actividade. Podedela ver no enlace Vilonchelo que temos na dereita da páxina.

17 de nov. de 2013

CONCERTO DE SAN ANDRÉS NO HIO


O 30 DE NOVEMBRO, SÁBADO, CONCERTO DE SAN ANDRÉS NA IGREXA PARROQUIAL DO HÍO, as 7,30 da tarde
O Coro do conservatorio estará presente neste concerto e no mesmo terá lugar a :
Estrea Mundial
da obra musical
"O Hío"

Esta canción está composta por Antonio Rial Hermelo, membro do noso coro.

Clase maxistral e concerto. Para os pequerrechos de instrumentos de CORDA


ESTE XOVES, DIA 21 DE NOVEMBRO, OS INSTRUMENTISTAS DE CORDA PODERAN DISFRUTAR DUNHA CLASE MAXISTRAL E DUN CONCERTO, IMPARTIDOS POR :
HANNEKE CASSEL
MIKE BLOCK

A experiencia do ano pasado con Brittany Hass & Co foi impresionante e os que ali estivemos ainda lembramos a excepcionalidade do encontro. 
A clase vai dirixida aos instrumentistas de corda, e o Concerto é aberto. Animamos o todos os membros da comunidade a asistir, xa que ben seguro haberedes de disfrutar a esgalla.

9 de nov. de 2013

Concerto XXV

Coro


De parte da superiora que tendes que estudar samewhere para o enasio de hoxe
Oiiido?




ESTE VIDEO FOI PRODUCIDO POR DAVID MALVIDO; estudante de Vento Metal e magnifico creador audiovisual, que non dubidou nin un segundo en ceder  o acceso a toda a súa producción que é inmensa e dunha grandisima calidade-

Grazas DAVID

Concerto


Britanny Haas, Y Falquet & J March Britanny Haas,
 Y Falquet & J March





Prox. Orquestral

Darbo 2013

Velahí unha mostra en videos lembrade que podedes achegar videos e fotos apra publicar e para ir facendo a Memoria Visual da música no Morrazo. Ben seguro que haberá gravacións de calidade.