30 de maio de 2013

31 MAIO TODOS AO AUDITORIO MUNICIPAL

CIRCULAR INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE CORO

CON MOTIVO DO CONCERTO DO VENRES 31 DE MAIO ÁS 21.00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL, O EQUIPO DE PROFESORES QUE IMPARTEN EDUCACIÓN AUDITIVA E VOCAL E CORO QUEREN INFORMAR:

  • O DIA 31 NON HABERÁ CLASE.
  • TODO O ALUMNADO ESTARÁ NO CENTRO ÁS 19.45 HORAS VESTIDO DE NEGRO E COA CARPETA E COA CARPETA DE PARTITURAS DA MESMA COR.
  • A PROBA DE SON ABRANGUERÁ DE 19.30 A 20.30.
  • UNHA VEZ REMATADA A ACTUACIÓN DO CORO, OS SUES INTEGRANTES SERÁN GUIADOS AO 1º ANFITEATRO POLO PROFESORADO E VOLUNTARIOS DA ANPA, ATA O REMATE DO CONCERTO.

Cangas: Palco da música e adro da Igrexa


E chegou o fin de etapas polas parroquias: Duas grandes actuacións de se achegar á xente: no palco da música coa BIG BAND e remate no adro da Igrexia. As cordas tocaron arrebato e facendo grande grupo fixeronse oir ao aire libre sustentando un impecable Canon e Giga en Re mayor de Johann Pachelbel. Seguironlle o vento metal e rematou a percusión mexturada coa gaita.


Ao remate, e xa cando este se miraba chegar, podiase ver nas caras dos protagonistas, unha expersón que lembraba moito a dos corredores de triatlón cando estan chegando a meta: a de satisfacción por ter completado a dura proba, con esforzo pero coa recompensa de teren estado á altura do esperado. Mais ala de posto acadado. Mais alo de querdaren sen forzas. A meta sorpasase con alivio e ledicia. Os sorrisos iluminan o rostro dos participantes e este extendese ao publico sabedor e admirador de tamaña proeza. Iso poidemos ver en Cangas, e esperaremolo ver de novo no remate final, xa xogando en casa, co Concerto que pechará o dia 31 este conxunto de actos cos que celebramos estarmos ahí 25 anos mais tarde 






27 de maio de 2013

TODOS A CANGAS


25 DE MAIO PALCO DA MUSICA DE CANGAS 18.00 HORAS BIG BAND

25 DE MAIO ADRO DA IGREXA DE CANGAS 19.00 HORAS PERCUSIÓN, MUSICA DE  CÁMARA,    VENTO METAL, VIOLÍN, VIOLA, VIOLONCHELO


ALDAN

O de Aldán, cuarto día de periplo polas parroquias, puxolle caracter épico a esta magna obra. Foi outro dia de pelexa contra os elementos obstinados en dificultar a labor. Non lle debía parecer ao vento e ao o frio dabondo co sufrido nas anteriores actuacións, nin lle debeu parecer meritorio o despliegue de medios que supón mover nenos e instrumentos, preparar as actuacións en pleno Maio, mes de exames mais que de flores, andar a casar horarios e intereses. Non, por iso quixo unha vez mais por a proba o valor e capacidade da escola de Música.O  vento arrincou de novo con ganas as partituras dos seus atrís, e  cravou o frío nas mans executoras das notas que arrastraba no seu continuado bufar. Mais non foi quen de sair victorioso e a teimuda paciencia dos seguidores do acto ante o profesionalismo dos actuantes, convertiu o acto nunha nova desmotración de bon facer. Por todo iso compre lembrar este como un novo grande exito desta épica singladura. 

25 de maio de 2013

24 de maio de 2013

O HIO

E foi un dia de NORDÉS

     Mais o vento non poido coa forza da música

Venteou todo canto quixo e máis, e co solpor caendo paseniñamente achegouse o peletre, 
metido na viruxe. 
Houboos previsores e foron abrigados, outros espabilados buscaban protección en valados e paredes, e os mais cativos acostumados a andares polo chan atoparon no quente da pedra caloriño abondo para as frías pernas. E todos eles puxeron por riba á MUSICA e ninguen se moveu ata rematado un explendido concerto que chegou a emocionar. A marco acostúmase a decir que é incomparable pero neste caso podese asegurar que foi o marco o que saiu gañando coas pinceladas de notas que ali poidemos escoitar.
Foi a terceira xornada da celebración nas parroquias e xa podemos decir que estamos ante unha grande idea e unha grande empresa para unha consolidante celebración.
Hai un ano cantabamos polas ruas de Cangas, en masivas e festeiras manifestacións, para defender a pervivencia deste glorioso centro de ensino musical que é a escola de música Mestre Inocentes Caamaño e o  Conservatorio.
Hoxe celebramos que seguimos aquí e que esto ten historia e futuro, e que é de todos e a todos se achega.
Pagou a pena o esforzo e segue  sendo necesario continuar no empeño. Mestres e alumnos e persoal da Escola nolo están a amosar en sobremaneira.
As xentes do morrazo ao seu lado haberemos de estar. Onte, hoxe e sempre.






23 de maio de 2013

TODOS A O HIO

23 DE MAIO NO ADRO DA IGREXA DO HIO 
AS 20.30 HORAS
ACTUACIÓN DE LINGUAXE MUSICAL E VENTO MADEIRA


COIRO

COIRO XA NA LEMBRANZA  e mais fotos do acto






 e mais fotos do acto

22 de maio de 2013

TODOS A COIRO



22 DE MAIO ADRO
DA IGREXA DE COIRO 19.30 HORAS 

GUITARRA, PERCUSIÓN, MUSICA DE  CÁMARA,    VENTO METAL, VIOLÍN, VIOLA, VIOLONCHELO

21 de maio de 2013

ACTUACIÓN EN DARBO

 Actuación en DARBO:
linguaxe musical e vento encheron de notas o adro de Darbo arrastrando a un grande numero de público que disfrutou do concerto.

 as imaxes dan fe do ambiente xerado arredor deste acto que principia os actos do 25 aniversario polas parroquias de Cangas


Podedes ver algún video no que ademais da musica zoa o vento e o aire sustenta as notas xunto co polen en movemento. Na pestaña que pon Darbo


TODOS A DARBO

Hoxe comenzan as celebracións dos 25 anos polas parroquias achegando á música ao pobo do que nace.

TOCAMOS EN DARBO. ÁS 19.30 NO ADRO DA IGREXA


LINGUAXE MÚSICAL
E
VENTO MADEIRA


17 de maio de 2013

Comeza a celebración dos 25 anos. O Concerto do Carabuñas




O concerto do Carabuñas inaugurou a xeira de actos para celebrarmos o 25 aniversario da Escola Municipal de Música "Mestre Inocentes Camaño". E o comezo foi impresionante. Unha morea de nenos e nenas entusiasmados. A maioría vestidos de verde, causaban impresión. De súpeto, os alumnos de percusión que tocaban nas marimbas comenzaron a canción que anunciaba o comenzo da representación, unha canción que deu paso a este fabuloso conto musical.


A pesar de non ser moi largo nin moi curto, ao público gustoulle moito, ou iso dicían as súas entusiastas palmadas. Moitos rian coas gracias dos nenos pequenos, outros estaban máis atentos á música, pero todos quedaron satisfeitos coa actuación.


Para rematar o conto, tocouse dúas veces a canción de Carabuñas, e despois unha gaita acompañada  pola percusión anunciou, coa súa música, que o conto estaba rematado.


Podedes ver como remata o conto






16 de maio de 2013

AVISOS IMPORTANTES



Fixadevos


  • O luns 20 de maio o centro permanecerá pechado por ser o día solicitado no curso 2012-13 como día de centro.




  •  A semana que vai do día 21 ao 24 de maio  suspendense as clases e só haberá ensaios para as actuacións e saídas dos actos dos 25 anos da Escola de Música



  • O xoves 30 de maio vaise facer un ensaio xeral de coro e orquestra. Este ensaio estaba previsto inicialmente para o día 29, segundo recollen as circulares repartidas ao alumnado, pero dada a importancia do acto e a imprevista dispoñibilidade da sala de espectáculos do Auditorio decidiuse modificar o calendario aprobado inicialmente. Os ensaios serán nos mesmos horarios que figuraban para o día 29.

11 de maio de 2013

clase maxistral
e concerto de Bluegrass



Onte disfrutamos coa MÚSICA, primeiro nunha maxistral clase maxistral e xa de noite cun impresionante concerto que nos transportou ao medio oeste americano e ao frío Quebec.

A sá de exposicións ferveu cos aprendices de tocadores de Bluegrass e o auditorio encheuse de notas, risas e aplausos.

Podedes ver fotos e vídeos na pestaña de imaxes

8 de maio de 2013

CELEBRACION DOS 25 ANOS DA ESCOLA DE MÚSICA "MESTRE INOCENTES CAMAÑO


CELEBRACIÓN DOS 25 ANOS DA ESCOLA DE MÚSICA “MESTRE INOCENTES CAMAÑO”
Este ano celébranse  os 25 anos da escola de música “Mestre Inocentes Camaño” por ese motivo desde a  Escola e o Conservatorio estanse a preparar unha serie de actuacións co alumnado dos centros.
Para poder levar a cabo esta programación estableceuse o seguinte CALENDARIO DE ENSAIOS aprobado polo Consello Escolar do Conservatorio e a Comisión Disciplinaria Da Escola de Música:
  •   
  • VENRES 10 DE MAIO: Linguaxe Musical (1º, 2º, 3º, 4º grao elemental e 1º, 2º grao profesional) de 20.45 a 22.00 horas
  • LUNS 13 DE MAIO: Coro: 1º, 2º,3º,4º Educ. Aud. , Coro Profesional e Coro 1,2,3 da Escola
    • 18.30 a 19.00 horas SOPRANOS,
    • 19.00 a 19.30 horas CONTRALTOS,
    • 19.30 a 20.00 horas TENORES,
    • 20.00 a 20.30 horas BAIXOS
  • MÉRCORES 15 DE MAIO: Linguaxe Musical (1º, 2º, 3º, 4º grao elemental e 1º, 2º grao profesional) de 20.30 a 22.00 horas
  •  XOVES 16 DE MAIO: Orquestra de 19.00 a 21.00 horas
  • MÉRCORES 22 DE MAIO: Linguaxe Musical de 20.30 a 22.00 horas
  • VENRES 24 DE MAIO:
    • Coro de 17.30 a 18.30 horas,
    • Coro e Orquestra de 18.30 a 19.00 horas,
    •  Orquestra de 19.00 a 20.30 horas
  • LUNS 27 DE MAIO: Coro: 1º, 2º,3º,4º Educ. Aud. , Coro Profesional e Coro 1,2,3 da Escola
    • 18.30 a 19.00 horas SOPRANOS,
    • 19.00 a 19.30 horas CONTRALTOS,
    • 19.30 a 20.00 horas TENORES,
    • 20.00 a 20.30 horas BAIXOS
  • MÉRCORES 29 DE MAIO: ENSAIO XERAL de Coro e Orquestra
    • Coro de 18.00 a 18.45 horas,
    •  Coro e Orquestra de 18.45 a 19.30 horas,
    •  Orquestra de 19.30 a 21.30 

Así mesmo o Consello Escolar do Conservatorio e a Comisión Disciplinaria Da Escola de Música APROBOU A SUSPENSIÓN DAS CLASES A SEMANA DO 21 AO 24 DE MAIO para realizar os ensaios e asistir as distintas actuacións nas parroquias. O luns día 20 de maio é o día escollido polo centro como non lectivo e non hai clase.

O CALENDARIO DE ACTOS previsto é o seguinte:

15 de maio Auditorio Municipal de Cangas 18.00 horas Conto “Carabuñas”

21 de maio Atrio da Igrexa de Darbo 19.30 horas Ling. Musical e Vento madeira

22 de maio Atrio da Igrexa de Coiro 19.30 horas Guitarra, Percusión, Musica de  Cámara,    Vento metal, Violín, Viola, Violonchelo

23 de maio Atrio da Igrexa de O Hío 20.30 horas Ling. Musical e Vento madeira

24 de maio Atrio da Igrexa de Aldán 20.30 horas Guitarra, Piano, Violín, Viola e Violonchelo

25 de maio Palco da Musica de Cangas 18.00 horas Big band

25 de maio Atrio da Igrexa de Cangas 19.00 horas Percusión, Musica de  Cámara,    Vento metal, Violín, Viola, Violonchelo

31 de maio Auditorio Municipal de cangas 21.00 horas Coro e Orquestra

Por último lembrar que aos nenos se lles están entregando uns impresos de autorización para poder saír as actuacións que terán lugar fora do centro. Todos deben entregalas asinadas senón non poderán ser trasladados polos autobuses contratados para este fin.
A Dirección

CONCERTO PARA NENOS. 15 DE MAIO.





O ALUMNADO DE MÚSICA E MOVEMENTO PARTICIPANTE NO CONTO CARABUÑAS TEN TODAVÍA UN ENSAIO O MARTES 14  DE MAIO DE 18.00 A 18.45 HORAS.






O MÉRCORES DÍA 15 DE MAIO DEBEN ESTAR NO CENTRO ÁS 17.30 HORAS E DEBERÁN VIR TODOS VESTIDOS COA PARTE SUPERIOR DA ROUPA DE COR VERDE

Letras das cancións do CORO



1 de maio de 2013


Brittany Haas & Yann Falquet en Galicia


Clase maxistral de BlueGrass

CONCERTO

VENRES 10 DE MAIO EN CANGAS

Baixo a Coordinación do Mestre de Vilonchelo Jose Ramón Rocha Puga vaise celebrar o vindeiro 10 de Maio unha clase maxistral de BlueGrass ( música popular americana, incluida no country,  con raices na música tradicional de Inglaterra, Irlanda e Escocia). Os intrumentos de corda terán unha grande oportunidade de acceder en directo a unha achega músical que conecta coa música tradiconal. E todos nos poderemos asitir a un concerto de música chegada de dende mais ala dos mares.

Para inscripción no curso porse en contacto con Jose Ramón.
Mais información sobre outros cursos e actuacións http://www.galiciafiddle.com/

Información Ensaios para os nenos de

 MUSICA E MOVEMENTO

POSTA EN ESCEA DO CONTO MUSICAL "CARABUÑAS"
15 DE MAIO