17 de maio de 2013

Comeza a celebración dos 25 anos. O Concerto do Carabuñas




O concerto do Carabuñas inaugurou a xeira de actos para celebrarmos o 25 aniversario da Escola Municipal de Música "Mestre Inocentes Camaño". E o comezo foi impresionante. Unha morea de nenos e nenas entusiasmados. A maioría vestidos de verde, causaban impresión. De súpeto, os alumnos de percusión que tocaban nas marimbas comenzaron a canción que anunciaba o comenzo da representación, unha canción que deu paso a este fabuloso conto musical.


A pesar de non ser moi largo nin moi curto, ao público gustoulle moito, ou iso dicían as súas entusiastas palmadas. Moitos rian coas gracias dos nenos pequenos, outros estaban máis atentos á música, pero todos quedaron satisfeitos coa actuación.


Para rematar o conto, tocouse dúas veces a canción de Carabuñas, e despois unha gaita acompañada  pola percusión anunciou, coa súa música, que o conto estaba rematado.


Podedes ver como remata o conto






Ningún comentario:

Publicar un comentario