LOGO

Rematáronse as dúbidas. A decisión está tomada. Tras as deliberacións dos membros do xurado e despois de varias roldas de votacións o Anpa del Conser-vatorio e a Escola de Música de Cangas xa ten logo. A creación gañadora leva por título "Vieira Musical" e foi pre-sentado por Beatriz Giráldez Camaño, residente en Cangas. Agradecer a todos os aspirantes a súa participación e, para demostrar a calidade alcanzada polos traballos, que superou de sobra as expectativas da asociación, expoñeranse durante uns días no propio centro. En datas próximas, aínda por determinar, farase efectiva a entrega á gañadora de tan merecido premio.


31 DE MARZO REMATA O PRAZO
RECOMPENSA  100€  vivo ou morto


100€ de recompensa

Pinchade no cartel para ver as bases

Ningún comentario:

Publicar un comentario