Pódese decir, sen medo a ser exaxerados, que foi un festival grandioso, que recolleu moito do esforzo engadido que tivo este curso. E houbo moito esforzo porque houbo moita ilusión. E xa se sabe: SEN ILUSIÓN NON HAI ESFORZO.
O esforzo dos alumnos, do mestres, dos pais , do persoal. Esforzo que hasta no económico foi moito mais grande, para as familias, este curso. Esforzo que afrontamos entre todos porque temos ilusión. Ilusión polas cousas ben feitas, pola música, pola convivencia, pola amistade...
E para todos: que a ilusión siga entre nos no vindeiro curso.