23 de xuño de 2013

Festival FIN DE CURSO 2012-13


Semella que a música e como a herba. Préstalle moi ben a choiva. E se algo tivemos este ano foi choiva dabondo e moita música. 
O ano do 25 aniversario da Escola de Musica  Mestre Inocentes Camaño foi      verdadeiramente un ano productivo. Multiples audicións dos diferentes seminarios, as actuacións nas parroquías, o concerto aniversario no Auditorio. E para rematar o Festival de Fin de Curso.




Pódese decir, sen medo a ser exaxerados, que foi un festival grandioso, que recolleu moito do esforzo engadido que tivo este curso. E houbo moito esforzo porque houbo moita ilusión. E xa se sabe: SEN ILUSIÓN NON HAI ESFORZO. 
O esforzo dos alumnos, do mestres, dos pais , do persoal. Esforzo que hasta no económico foi moito mais grande, para as familias, este curso. Esforzo que afrontamos entre todos porque temos ilusión. Ilusión polas cousas ben feitas, pola música, pola convivencia, pola amistade...
De todo isto ben como resultado  o que poidemos ver o venres pasado no  auditorio. Meniños con formiguiñas e pañuelos na cabeza, raperos de gorra revirada, bandas grandes con voces cristalinas, traballadores da madeira que se sopla, coristas e orquestantes. E a sete alumnos que rematan os seus estudos no conservatorio. Unha moi boa promoción de novos músicos aos que lles desexamos a mais grande das sortes na vida.
E para todos: que a ilusión siga entre nos no vindeiro curso.









1 comentario:

  1. Todo esforzo e sacrificio merece unha recompensa. Neste caso a mellor das recompensas é entender a música como elemento de irmandade; confraterniza, minimiza os problemas, magnifica a amizade, a colaboración, a implicación, as relacións humanas. Grazas a todos os que así o entendemos e entoemos todos: MÚSICA VIVA NO MORRAZO.

    ResponderEliminar