27 de maio de 2013

ALDAN

O de Aldán, cuarto día de periplo polas parroquias, puxolle caracter épico a esta magna obra. Foi outro dia de pelexa contra os elementos obstinados en dificultar a labor. Non lle debía parecer ao vento e ao o frio dabondo co sufrido nas anteriores actuacións, nin lle debeu parecer meritorio o despliegue de medios que supón mover nenos e instrumentos, preparar as actuacións en pleno Maio, mes de exames mais que de flores, andar a casar horarios e intereses. Non, por iso quixo unha vez mais por a proba o valor e capacidade da escola de Música.O  vento arrincou de novo con ganas as partituras dos seus atrís, e  cravou o frío nas mans executoras das notas que arrastraba no seu continuado bufar. Mais non foi quen de sair victorioso e a teimuda paciencia dos seguidores do acto ante o profesionalismo dos actuantes, convertiu o acto nunha nova desmotración de bon facer. Por todo iso compre lembrar este como un novo grande exito desta épica singladura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario