1 de maio de 2013


Brittany Haas & Yann Falquet en Galicia


Clase maxistral de BlueGrass

CONCERTO

VENRES 10 DE MAIO EN CANGAS

Baixo a Coordinación do Mestre de Vilonchelo Jose Ramón Rocha Puga vaise celebrar o vindeiro 10 de Maio unha clase maxistral de BlueGrass ( música popular americana, incluida no country,  con raices na música tradicional de Inglaterra, Irlanda e Escocia). Os intrumentos de corda terán unha grande oportunidade de acceder en directo a unha achega músical que conecta coa música tradiconal. E todos nos poderemos asitir a un concerto de música chegada de dende mais ala dos mares.

Para inscripción no curso porse en contacto con Jose Ramón.
Mais información sobre outros cursos e actuacións http://www.galiciafiddle.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario