10 de xan. de 2014

Remataron as Vacacións do nadal e damos a benvida ao ano 2014

FESTIVAL DE NADAL


Comeza un novo ano e un novo trimestre de actividade na nosa Escola e no noso Conservatorio. Remataron as vacacións de nadal, as festas, as celebracións, as enchentas, e os regalos tan agardados. As cabesiñas aindan lembran emocións vividas e os estómagos ainda se resinten dos excesos pasados. Mais no medio destas lembranzas, ben seguro que ainda agroma un agradable regustiño con sabor a notas musicais que nos transporta directamente ao Festival de Nadal. Porque para todos nos, o nadal comeza nese día, e mais este ano que nos visitaron as Suas Maxestades os Reis de Oriente.

O acto tivo de todo: 

 O Combo que tocou "lonely boy" para comezar a quentar a noite. Logo sairon os meniños de Música e movemento; os mais pequerre-chinos botaron a de "Canto de Reis" mentras miraban abraidos a aparición das Suas Maxestades, e os menos pequenos cantaron "A luz do nadal". 

Cando ambolos dous grupos remataron Os Reis reapareceron no esceario para agasallalos cunhas larpeiradas.
                                                                  
Seguiulles o Grupo de Vento Madeira que interpretou con suma maestría duas pezas: "rag and roll" e "sleigh ride".

Mentras se preparaba a seguiste actuación, o noso Presidente Ignacio Chimeno dirixiu unhas verbas aos asistentes, salientando a loboura de todo o conxunto de persoas que conforman esta grande Institución e que son quen de artellar actuacións que reúnen a unha parte importante da nosa sociedade, facendo pequeno xa, o Auditorio. Fixo un apunte especial para recoñecer a laboura do anterior presidenta da ANPA, e rematou animando a todos os asistentes a seguir participando e colaborando nas actividades da Escola e conservatorio, ao tempo que lembraba o caracter aberto e participativo da nosa asociación e a sua dispoción a seguir traballando e colaborando ali onde se faga preciso. 

Cando o Presidente falaba unha riada de cantores do coro ía tomando posicións, o cal non foi doado. O coro medra en número e calidade e cada ano somos mais os que queremos achegar a nosa voz a este innusula conxunto vocal. Despois entraban os instrumentos acompañantes e por último a Directora. Establecido o orde preciso, tanto no esceario como nas butacas, e acadado o silencio necesario comezou a interpretación da obra "O Hío" no sua reestrea mundial, que foi composta por Antonio Rial Hermelo, un dos tenores do noso coro. O remate da canción foi recibido cunha grandisima ovación na que se podía ler o recoñecemento unanime ao seu creador, á loboura arranxista da Directora, e a calidade interpretativa de coro e músicos. 


Continuou o coro baixo a mesma batuta para darnos unha versión de "Moon River", e logo da mesma, unha remodelación do escaerio trouxo a mais instrumentos e a unha nova Directora, para entre todos intrepretar o Canon de Pachelbel. O resultado foi espectacular e xa todo o publico estaba entregado ao que acontecía no  esceario. Anque as veces non todos, xa que un bo grupo de pais do anpa, identificados cunhas camisetas laranxas, estiveron todo o tempo pendentes de que nas butacas todo discurrise dentro da lóxica destes actos. Dende aqui o noso recoñecemento ao seu esforzo que ben seguro lle impidiu disfrutar plenamente do acto.

Para rematar: A Orquesta. É a guinda do concerto. Tan esperada nestas terras como o é en todo o mundo a do Concerto de Ano Novo de Viena. E un ano mais deixou bocas abertas de admiración: Metamorfose Sobre "Cantique de Noël",  "Romance del Diablo" e o "Fantasma da Opera" foi o repertorio que houbo que completar cos bises de rigor. 

Na despedida o perenne presentador agradeceu a asistencia masiva, gavou a dedicación de todos , a trascendencia do que se estaba a facer e puxo en valor a importancia da educación músical no desenvolvimiento das persoas e dos pobos. Doulle despis paso ao Sr. Alcalde quen un ano mais dirixeu unha palabras de agradecemento a labor desenvolvida na Escola e Conservatorio, recoñecendo a dimensión acadada polo acto, que o convirte no de maior asistencia de cantos se celebran no Auditorio, e manifestando que compre seguir facendo o preciso para que esto perdure no tempo. Dende a ANPA tomamos moi boa nota desta declaración de boas intencións.
O acto remata, con aplausos e berros de ledicia que se van trasladando moi paseniñamente cara o exterior, xa que ninguen semella ter presa en darlle remate ao noso Festival.

1 comentario:

  1. Resulta reconfortante ver que o resultado obtido das horas de preparación do Concerto deron este resultado que con tan boas palabras nos amosan os redactores do blog aos que agradecemos o traballo desenvolvido.
    Desde esta nova perspectiva do escenario que se nos amosa, todos os gritos, apuros, e malos ratos vividos pensando que as cousas non estaban saíndo como debían se esquezan, e se comece o traballo da nova etapa con máis ganas.
    Quizás sea esta a maxia do Nadal que fai que o traballo de máis de catrocentas persoas entre alumnos ,profesores e demais traballadores do conservatorio e do auditorio poida dar estes resultados, quizás tamén as súas Maxestades de Oriente tiveran algo que ver, quen sabe?

    ResponderEliminar