26 de mar. de 2014

Notificación do presidente

Dende o Anpa queremos chamar a atención a todos os socios e por extensión aos que non o son, que nos cargos que dende o Concello se realizaron a conta do terceiro trimestre, poida existir unha recarga de céntimos, que ata o día de hoxe non sabemos a que se debe. Onte realizamos a consulta a través do propio centro e quedaron en informarse hoxe. Cando saibamos algo farémosvolo saber; mentres tanto cotexade os cargos na vosa entidade bancaria, para que confirmedes este feito e por favor non devolvades os recibos ata que saibamos con certeza o acontecido.

Saúdos cordiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario