27 de abr. de 2014

Rematáronse as dúbidas. A decisión está tomada. Tras as deliberacións dos membros do xurado e despois de varias roldas de votacións o Anpa del Conservatorio e a Escola de Música de Cangas xa ten logo. A creación gañadora leva por título "Vieira Musical" e foi presentado por Beatriz Giráldez Camaño, residente en Cangas. Agradecer a todos os aspirantes a súa participación e, para demostrar a calidade alcanzada polos traballos, que superou de sobra as expectativas da asociación, expoñeranse durante uns días no propio centro. En datas próximas, aínda por determinar, farase efectiva a entrega á gañadora de tan merecido premio.


Pinchade na foto do logo e veredes a noticia do Faro.


Saiu en prensa o 7/5/2014, pinchade na foto



Ningún comentario:

Publicar un comentario