18 de out. de 2013

Asamblea do 10 de octubro do 2013


Asamblea Anpa


O pasado 10 de octubro celebrouse Asamblea da ANPA do Conservatorio e Escola de Música de Cangas coa seguinte orde do día:



ORDE DO DÍA:
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA.
-PROPOSTA DE RESERVA DE COTA DE MATRICULA NA ESCOLA PARA ALUMNOS QUE PROVEÑAN DO CONSERVATORIO.
-PROPOSTA DE REVISIÓN DOS CRITERIOS NA ELECCIÓN DE HORARIO DE INSTRUMENTO. 


ROGOS E PREGUNTAS


Comezou a reunión, que finalmente contou cun bo numero de asistentes, tomando a palabra  o Presidente Xaquin Camaño. E fixoo para salientar a importancia da reunión xa que debiamos renovar a xunta Directiva que na sua ultima xuntanza presentou a dimisión. Fíxose conforme ao itinerario marcado nas primeiras xuntanzas que fructificaron na unificación nunha soa ANPA á representación dos pais e nais de conservatorio e escola de música. Neste novo esceario cumpría dar cabida nunha nova directiva aos pais da escola de música que ate o momento non tiñan organo representativo.
E así fixemos: presentada a dimisión da, ata entón xunta directiva; procedeuse á elección dunha nova, na que para ledicia de todos houbo un grande consenso, unha grande participación e unha representacion parella tanto de pais como de nais.

A composición da nova xunta podese ver na entrada previa do Blogue.

Posteriormente abordamos os seguintes puntos da orde do dia, e algún máis que na mesma liña de propostas abertas, se foron plantexando. Acordamos darlle curso as propostas finalmente acordadas enviando carta á dirección do centro.

 En resumo, estes foron os acordos acadados e que se transmiten á dirección:

Os primeiros fan referencia á súa implantación, se é que así fóra posible, no curso académico 2014/2015:


- Proposta de reserva de prazas na escola, podería ser o 50%, para alumnos que deixan os seus estudos no conservatorio, polo motivo que sexa, pero desexan continuar doutro xeito desenvolvendo os seus estudos musicais. Se non se cubrisen estas prazas pasarían a cubrirse de xeito convencional.
- Proposta de modificación na elección de horario nas materias de instrumento. Ata agora víñase alternando na elección das devanditas materias a escola e o conservatorio; un ano elixían primeiro os alumnos da escola e ao seguinte os do conservatorio. Entendemos que na devandita elección debería priorizarse sempre os alumnos de grao medio ou profesional, por motivo de que o seu número de horas lectivas é superior ao resto e o cadro de horas está máis limitado. Se se desexa manter os criterios de alternancia, que se faga só coa escola e o grao elemental do conservatorio.
- Proposta de ampliación de instrumentos. Incorporar á oferta formativa outros instrumentos que nestes momentos non figuran nesta.
-  Proposta de incorporar nas matrículas a posibilidade de cambio de profesor, se a materia así o permitise, e sempre de común acordo.

Os segundos fan referencia á súa posible implantación no actual curso académico:

-  Proposta de manter aberta a biblioteca, dentro do horario lectivo. Recibiuse algunha queixa neste sentido de pais e titores. Sería importante que os alumnos, nas horas perdidas que teñen entre clase e clase, puidesen dispoñer sen problema desta instalación, evitando unha perdida maior de tempo.
- Proposta que se cumpra rigorosamente os horarios das clases, xa que se recibiu algunha queixa ao respecto. O inverno está enriba e as esperas para recoller aos nenos fanse en ocasións longas, xerando acumulación de persoas na entrada e na beirarrua. Non temos un entorno de acceso á escola que permita estar esperando de xeito doado. Por iso queremos que se cumpra o horariona medida do posible e as clases rematen en tempo, evitando as esperas dos pais nais e coidadores que se achegan a recoller aos cativos mais pequechos.

A asamblea rematou cunha mención especial a loboura desenvolvida nos últimos anos polo presidente Xaquín Camaño que foi despedido do cargo cun agarimoso aplauso de recoñecemento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario