18 de out. de 2013

Loubanza a Xaquin Camaño

Na derradeira asamblea da ANPA do Conservatorio e Escola de Musica púsoxe fin a unha longa traxectoria de Xaquín Camaño como Presidente da ANPA. O remate da asamblea foi unha ovación pechada dos asistentes que pretendue trasmitir o recoñecemento e agradecemento dos alí presentes á intensa laboura desenvolvida nestes anos.

Xaquín foi quen de dinamizar aos pais e nais, e ademais de xestionar a Anpa en momentos de "calma" nos que conseguir animar á xente non resulta doado, tivo  a enerxía e forza necesaria para liderar un movemento amplio para a defensa do ensino da música no Morrazo. 

A súa figura encabezou a masiva movilización que soubo parar a desfeita que se nos viña enriba cos recortes programados á sombra da crise, que desembocarían na desaparición ou a merma importante do ensino musical na nosa  bisbarra. 
Dirixeu asambleas, falou con directivos, con politicos e mesmo tocou nas marchas reinvindicativas que encheron Cangas de berros e música.

Por último capitaneou a nave cara a confluencia, nunha única asociación, das nais e pais de escola e conservatorio. 
Chegado a bo porto, deulle fin á singladura na condición de Presidente, mais non abandona o barco e seguirá conosco dende o cargo de vogal.
Grazas Xaquín. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario